|
Foros Coalición ;-)
Foros de Trabajo
Foros del WDDF
Foros de Opinión
|
Proposta de Reforma Constitucional para a profundización na participación democrática.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A presente reforma constitucional pretende evoluciona-la actual constitución para profundizar nos mecanismos de participación democrática.
O artigo 23 da constitución recoñece o dereito dos cidadans a participar nos asuntos públicos directamente ou por medio de representantes. Nembargante o desenrolo dos mecanismos de participación directa no texto constitucional non é comparabel, cecais coma consecuencia lóxica do momento histórico no que a constitución foi desenrolada, co realizado nos mecanismos de representación.
O desenrolo de mecanismos de participación directa axeitados son fundamentais nun estado democrático coma o español, no cal, coma indica o artigo 1 da constitución, a soberaní nacional reside no pobo. É esta a razón que anima a presente reforma constitucional pola que se tenta elimina-las limitacions existéntes para a participación directa dos cidadans nos asuntos públicos á vez que se incluen os mecanismos constitucionais axeitados para garantir que esta participación directa dos cidadans sexa efectiva e serva á súa utilidade derradeira de consolida-los fundamentos democráticos do estado.
Esta profundización democrática require en primeiro termo elimina-las limitacions actuais no exercicio dos referendums que deben troca-lo seu caracter consultivo polo de vinculante coma consecuencia de seren decisions emanadas directamente do pobo.
En segundo termo esa reforma constitucional busca desenrolar mecanismos de iniciativa popular que permitan, de xeito efectivo, actuar sobor dos asuntos públicos pola via do refrendo ou revocación lexislativa, de tratados internacionais e de cargos públicos.
En terceiro lugar esta reforma inclue mecanismos para o desenrolo da participación directa dos cidadans en tódolos niveis de participación política, tanto na administración autonómica coma local, por medio de mecanismos coma os anteriormente citados para o goberno nacional.
Do mesmo xeito desenrola o papel dos diferentes órganos de representación popular dotandolles da potestade para a convocatoria de plebiscitos a instancias dunha parte do congreso, senado ou das comunidades autónomas coma representantes da cidadanía no seu ámbeto correspondente.
En derradeiro termo esta reforma asignalle ó estado a responsabilidade de garanti-los medios necesarios para que esta participación sexa efectiva asi coma os mecanismos de control precisos para que o exercicio do dereito dos cidadans á súa participación directa dinamice o goberno de xeito que reflicta o mais fidelmente posibel as necesidades e desexos do pobo mellorando a eficiencia da administración e o goberno do estado.
MODIFICACIÓN NORMATIVA
Pola presente modificaranse os seguintes artigos e apartados de artigos da Constitución Española quedando na súa redacción como a seguir:
1. Articulo 23, apartado 1 (Debate CEP-Art 23):
1. Os cidadans teñen o dereito a participar directamente nos asuntos públicos. Poderán exercer tamén esta participación por medio de representantes, libremente elexidos en eleccions periódicas por sufraxio universal.
2. Artículo 87 ( Debate CEP-Art 87):
1. A iniciativa lexislativa correspondelle ó pobo español soberan, que a poderá exercer directamente ou por medio de calquera dos seus representantes electos:
a) Mediante suscripción popular do un porcento do total dos electores, de acordo cunha lei orgánica que regulará procedimentos e requisitos.
b) Por medio do goberno, o congreso ou o senado, de acordo coa constitución e os regulamentos das cámaras.
c) Dende a asamblea lexislativa dunha comunidade autónoma, segundo o seu própio regulamento.
d) Por un conxunto calquera de concellos, deputacions e outras corporacions locais que ostenten representación dun número de electores superior ó dous porcento do total nacional, de acordo cunha lei orgánica que regulará procedimentos e requisitos.
2. Quen exerza cada iniciativa lexislativa comisionará ata cinco representantes encargados da súa defensa parlamentaria, que por maioria poderán:
a) Somete-lo texto resultante da tramitación parlamentária a tódolos cidadans para o seu refrendo, mediante os mecanismos establecidos no artigo 92.2 e seguintes. A propia iniciativa poderá conter un mandado de sometimento imperativo a refrendo.
b) Inclui-la proposición orixinal da iniciativa no plesbiscito anterior, para a súa aprobación alternativa ó refrendo do texto parlamentário.
c) Somete-la proposición orixinal a plebiscito para a súa aprobación directa mediante os mecanismos establecidos no artigo 92.2 e seguintes, si a iniciativa houbese sido desestimada polo parlamento.
3. Artigo 92 ( Debate CEP-Art 92):
1. Podrán ser sometidos a plebiscito para su aprobación, refrendo ou revocación, na sua totalidade ou por partes: As leis, os decretos con forza de lei, os tratados internacionais e calquer outra decisión política de especial trascendencia nacional. Así mesmo, poderá ser empregado o plebiscito para o nomeamento, confirmación ou cese de tódolos cargos públicos de natureza política.
2. Cada plebiscio será convocado de xeito irrenunciabel polo Rei nos prazos legalmente establecidos, á instancia de:
a) Unha suscripción popular do un porcento do total dos electores, de acordo cunha lei orgánica que regulará procedimentos e requisistos.
b)O goberno, o congreso ou o senado, de acordo coa constitución e os regulamentos das cámaras.
c)Os representántes comisionados para a defensa parlamentária dunha iniciativa lexislativa exercida segundo o artigo 87.
3. Unha Lei orgánica regulará as condicions e o procedemento das distintas modalidades de plebiscito previstas nesta constitución. As propostas serán analizadas polo tribunal competente que as declarará admisibles si é concordante co ordeamento xuridico. Non poderá facerse mais dun plebiscito anual sobor da mesma materia salvo por unha iniciativa popular a solicitude do dous porcento dos electores. Os poderes públicos promoveran as condicions favorabels para a difusión da información e suscripción dos plebiscitos por medio de oficinas de participación cidadán e de acceso gratuito ós medios de información públicos das diferentes opcions de acordo coa lei.
4. Si o plebiscito conclue nun si aprobatorio cun minimo da mitade dos votos emitidos e sempre que tivese concurrido o número dabondo dos eleitores segundo marque a lei (que nunca será superior ó vintecinco porcento), a decisión plasmarase sancionando a lei, ratificando o tratado, ou refrendando o decreto ou nomeamento no seu caso. Si o plebiscito conclue nun non derogatorio cun mínimo da mitade dos votos emitidos e sempre que tivese concurrido o numero dabondo dos eleitores segundo marque a lei, a decisión plamarase retirando o proxecto de lei, resolvendo o tratado, ou revocando o decreto ou nomeamento no seu caso. O incumplimento do anteriormente exposto por calquera dos poderes públicos implicará a disolución inmediata das cortes. No caso que non concurrisen o número dabondo de eleitores abrirase automáticamente unha nova volta que nun prazo non superior a sesenta días naturais realizará unha nova consulta na que a proposta será refrendada ou reprobada sen consideración da participación cos mesmos efectos anteriormente indicados.
4. Artigo 140 (Debate CEP-Art 140):
A constitución garante a autonomía dos municipios. Estes gozarán de persoalidade xuridic plena. O seu goberno e administración correspóndelles os seus concellos, integrados polos alcaldes e os concellais. Os concellais serán elexidos polos viciños do municipio por medio do sufraxio universal igua, libre, directo e segredo, na forma establecida pola lei. Os alcaldes serán elexidos polos concellais ou polos veciños. A lei regulará as condicions nas que proceda o réxime de concello aberto. O alcalde poderá convocar consultas populares de caracter municipal por via do referendum de acordo ós procedimentos previstos no apartado 3 do artigo 92 e o disposto na lei.
5. Artigo 141 engadindo o apartado 5 ( Debate CEP-Art 141):
5. Calquera das agrupacions de concellos poderá proceder á convocatoria de consultas populares nas súas respectivas circunscripcions por via do referendum de acordo os precedementos previstos no apartado 3 do artigo 92 e o disposto pola lei.
6. Artigo 148, apartado 1 engadindo o punto 32º) (Debate CEP-Art 148):
32º) Convocatoria de consultas populares de caracter autonómico por vía de referendum de acordo os procedimentos previsto no apartdo 3 do artigo 92 e o disposto no estatuto de autonomía.
7. Artigo 149, apartado 1, punto 32º) (Debate CEP-Art 149):
32º) Convocatoria de consultas populares de caracter nacional por via de referendum.
8. Artigo 166 (Debate (CEP-Art 166):
A iniciativa de reforma constitucional exercerase nos mesmos termos previstos para unha iniciativa lexislativa no artigo 87.
9. Artigo 167, apartado 3º (Debate CEP-Art 167):
3. Aprobada a reforma polas cortes xerais, será sometida a plebiscito para a súa ratificación nos termos previstos no artigo 92.
10. Artigo 168 (Debate CEP-Art 168):
1. Cando se propuñese a revisión total da constitución ou unha revisión parcial que afecte ó título preliminar, ó capítulo segundo, sección 1ª do título I, ou ó título II, procederase á aprobación do principio por maioría de dous tercios de cada cámara (salvo nos casos de iniciativa popular nos termos previstos no apartado 3 do artigo 87), e a disolución inmediata das cortes.
2. De non conquerirse a aprobación mediante o procedimento do apartado anterior, e sempre que o texto houbese obtido o voto favorabel da maioria absoluta do seado, o congreso por maioria de dous tercios poderá aproba-la reforma.
3. Aprobada a reforma polas cortes xerais, será sometida a referendum para a súa ratificación nos termos previstos no artigo 92.
|